BotonBonosVivetix
        BotonBonosVivetix

        SON DA CASA!

        SEGUIMOS UNIDOS NA DEFENSA DO NOSO

        PLAN DE PROTECCIÓN DO TECIDO SOCIAL E ECONÓMICO LOCAL

        SON
        DA CASA!

        SEGUIMOS UNIDOS
        NA DEFENSA DO NOSO

        BotonBonosVivetix

        TEMOS UN PLAN

        "Da casa" para

        "os da casa"

        Todos sabemos que aquí, onde vivimos, para ser considerado "da casa" non fai falla ser da familia. SImplemente basta con ser un "dos nosos". Por outra banda, aos produtos "da casa" sempre os asociamos a calidade, a outra maneira de facer as cousas. Esta é a filosofía que move esta campaña. Cada un, coas súas capacidades, intereses e iniciativas, contribúe -en relación coas dos demais- a construír esa gran casa común que é Vilagarcía de Arousa.

        TECIDO SOCIAL ECONÓMICO LOCAL

        Defendemos

        o noso

        Como sucede en calquera fogar, cada vez que xurde unha dificultade todos nos unimos en axudar a quen o precisa, en defender o noso. Neste caso, e como consecuencia da crise sanitaria, non só temos que coidar a nosa saúde, senón tamén a nosa economía. E, especialmente, eses pequenos negocios -de comercio, de hostalería, dos máis diversos servizos- que dan luz ás nosas rúas, e non só iluminando escaparates, barras e terrazas, senón enchendo de vida a cidade. Por iso, agora máis que nunca, é preciso que defendamos o noso.

        PACK DE BONOS 20€ > 30€

        E ti,

        es da casa?

        Se o es, tes a oportunidade de demostralo cun sinxelo xesto: colaborando a que a economía local se mova. Como? Ti pos unha parte; o Concello, que somos todos, pon outra; e comerciantes e hostaleiros, a súa profesionalidade. Adquirindo os bonos todos saímos gañando: ti, porque obtés un desconto do 33% na túa compra; os negocios, porque ven fluir o diñeiro para recuperar o pulso; e o Concello, porque axuda a protexer o tecido social e económico local.

        1. Os bonos só funcionan se ti queres que funcionen. Novamente, e por quinta vez, o Concello pon en circulación 37.500 euros, isto é, un euro por habitante empadroado. Por cada euro do Concello, é dicir, do peto común, ti debes poñer dous do teu. O resultado: terás 3 para gastar.

        2.Adquirir os bonos é ben sinxelo: ti pagas 20 euros e recibes 30, nun pack de bonos 2x10€ e 2x5€, e podes facelo directamente dende esta páxina, a través dunha plataforma de pago segura. Tamén se habilitará venda física en días sinalados, que se publicitarán debidamente con anterioridade.

        3.Unha vez mercados, xa estás en disposición de consumir na túa vila. Lembra que só se poden comprar 2 packs de bonos por persoa (60€ en total, dos que tí só pos 40) e que tes ata o 16 de xaneiro de 2024 para facelos efectivos.

        [CONSULTA AS BASES COMPLETAS]

        PACK DE BONOS 20€ > 30€

        E ti,

        es da casa?

        Se o es, tes a oportunidade de demostralo cun sinxelo xesto: colaborando a que a economía local se mova. Como? Ti pos unha parte; o Concello, que somos todos, pon outra; e comerciantes e hostaleiros, a súa profesionalidade. Adquirindo os bonos todos saímos gañando: ti, porque obtés un desconto do 33% na túa compra; os negocios, porque ven fluir o diñeiro para recuperar o pulso; e o Concello, porque axuda a protexer o tecido social e económico local.

        1. Os bonos só funcionan se ti queres que funcionen. Novamente, e por cuarta vez, o Concello pon en circulación 37.500 euros, isto é, un euro por habitante empadroado. Por cada euro do Concello, é dicir, do peto común, ti debes poñer dous do teu. O resultado: terás 3 para gastar.

        2. Adquirir os bonos é ben sinxelo: ti pagas 20 euros e recibes 30, nun pack de bonos 2x10€ e 2x5€, e podes facelo directamente dende esta páxina, a través dunha plataforma de pago segura. Tamén se habilitará venda física en días sinalados, que se publicitarán debidamente con anterioridade.